(DOWNLOAD) "Miguel Strogoff" by Jules Verne " eBook PDF Kindle ePub Free
eBook details
- Title: Miguel Strogoff
- Author : Jules Verne
- Release Date : January 12, 2013
- Genre: Action & Adventure,Books,Young Adult,Fiction,
- Pages : * pages
- Size : 2292 KB
Description
Lectura recomendada verán 2014. Magnífica adaptación ao galego, realizada pola escritora e tradutora Ánxela Gracián e ilustrada por Calros Silvar, dunha das novelas máis coñecidas e adaptadas de Jules Verne, xunto A volta ao mundo en 80 días e 20.000 leguas baixo dos mares. Recuperación dun clásico da literatura universal para que os lectores e lectoras máis novos gocen coa xeografía de Rusia e Siberia e vivan en tensión as aventuras e desventuras do heroe. Ambientada na época tsarista do imperio ruso da segunda metade do século XIX, a novela narra as aventuras do correo do tsar Miguel Strogoff, que deberá percorrer unha distancia de 5.500 km desde Moscova a Irkutsk, capital da Siberia oriental, superando unha chea de obstáculos naturais case insuperábeis e o brutal exército tártaro dirixido polo traidor ao tsar, o militar ruso Ivan Ogareff, para entregar ao Gran Duque unha mensaxe secreta que o soberano lle confiara. Suportando todo o tipo de dificuldades e de obstáculos, sometido a humillacións e mesmo tortura durante ese longo percorrido polo enigmático e perigoso interior do continente asiático, Strogoff, convertido nun auténtico heroe, xorde como un modelo de perfección e virtude, forte e coraxudo, a quen nada nin ninguén consegue deter no cumprimento da súa misión.